O cabalo tamén é arte

O cabalo tamén é arte

23 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A AVV de Magalofes- Fene- volve convocar con Radiofusión un novo certame de fotografía na Festa do Cabalo deste domingo. Será o IV concurso ao que poderá presentarse calquera persoa enviando as imaxes tiradas na festa, ao enderezo electrónico: direccion@radiofusion.eu.

Un xurado valorará as mellores instantáneas e outorgará tres premios. O primeiro consistirá nunha cea para duas persoasno restaurante Tortoni de Fene. O segundo 1 caixa de botellas de viño de Galicia, cedida por Bodegas Barral e o terceiro consistirá nun lote de productos gastronómicos doados pola Asociación Veciñal de Magalofes. 

Como premio á participación, todas as instantáneas colgaranse na páxina web “radiofusión.eu”, onde se darán as coñecer os nomes dos gañadores, unha semana despois da festa. Pódense presentar ao concurso ata 5 fotos por persoa.

Sociedade