O campamento de verán de Fene váise a Baiona- Pontevedra.

O campamento de verán de Fene váise a Baiona- Pontevedra.

26 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O campamento municipal de Fene marcha este ano a terras de Baiona, en Pontevedra. Este ano toca praia e supón un novo destino para os rapaces feneses, na localidade de Nigrán.  Este ano hai máis novidades, só haberá un turno de 41 prazas para os nacidos entre o ano 1995 e 2000, con idades de 10 a 15 anos.

Os participantes aloxaránse nun albergue “Escola de verán Monte-Mar” e realizarán actividades de todo tipo, deportivas, obradoiros, etc, segundo a edil de Cultura, Carmen Silvar. A cota é de 153  € para os rapaces e rapazas veciños de Fene e de  232 € para os de fora. O periodo de inscripción empeza o 9 de xuño. O campamento realizarase do 24 ao 31 de xullo. 
 
Por outro lado, o Pavillón da Xunqueira acolle este sabado 29 de maio a calusura das escolas deportivas municipais. Dende as 11,30 da mañán entregaránse uns 260 diplomas aos participantes nas diferentes escolas municipais. A máis numerosa, con 65 nenas, foi este curso a de ximnasia rítmica, pero houbo hai tamén de aerobik, patinaxe, artes marciais, minibasket e a maiores pilates e fatiga oncolóxica.

Sociedade