O Cara a Cara artístico entre pai e fillo

O Cara a Cara artístico entre pai e fillo

24 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A terceira proposta expositiva da serie Cara a Cara inaugúrase mañá mércores, ás 20.00 horas no Centro Cultural Carvalho Calero. Os artistas Luis e Gustavo Rapela (pai e fillo, respectivamente) tomarán o relevo de Juan Sobrino e Ladislau da Regueira, autores da segunda mostra deste proxecto que inauguraron Eduardo Hermida e González Collado. Un proxecto que pretende establecer diálogos artísticos entre di

O Cara a Cara que se inaugura mañá poderase visitar ata o vindeiro 11 de xuño de luns a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas. Por unha banda, amosa parte da obra artística de Luis Rapela (Ferrol, 1955), un artista que desde a súa infancia comparte as súas afeccións pola música e a pintura, compaxinando os seus estudos de música cos da Escola de Belas Artes de San Fernando. Estudou gravado na Escola de Artes Gráficas de Madrid entre 1979 e 1982, realizando a súa primeira exposición na Coruña en 1979, e en Ferrol, en 1980. En 1982 viviu un ano en Nova York e expuxo na galería "West End Galleries" de New Jersey. Entre 1983 e 1985 expuxo en Barcelona e Madrid, así como en Croacia, Eslovenia, Bosnia Herzegovina, Italia, Finlandia, Estados Unidos, Bélxica e Alemaña. Dende o ano 2000 ata a actualidade exerce como comisario e organizador nunha morea de encontros e exposicións. Entre 2002 e 2006 vive en Eslovenia, onde participa en varios encontros artísticos e en 2007 é comisario da exposición París–Maribor, e participa simultaneamente en diversos certames nacionais e internacionais.  

A súa obra forma parte de coleccións na Universitat Populare Novigrad–Cittanova (Croacia), Academia U.N.A, Trieste (Italia), Museo Sung San, Changwow (Corea), U.N.E.D. Calatayud (Zaragoza), Ateneo Ferrolán, Casoria Contemporary Art Museum, Nápoles (Italia), Museo Municipal de Ourense, Modern Graphic Art Museum, O Cairo (Exipto), Galería Novart. Fondos (Madrid), Fundación Banesto, Xunta Municipal de Moratalaz (Madrid) ou na Asemblea de Madrid. Así mesmo, ten obra pública en Sinji vrh, Eslovenia / Novi grad, Croacia , no Concello de Ferrol  ou en Aldea Nova, Narón. 

Respecto a Gustavo Rapela (Madrid, 1983), ten realizado diversas exposicións desde o ano 2000 en establecementos de Ferrol ou mesmo do estranxeiro, como en Eslovenia, onde participou nunha exposición colectiva na “Galerija Artes” de Nova Gorica. Así mesmo, participou en 2001 no Encontro Internacional de Artistas “Medana Metting Art”, tamén en Eslovenia, e en 2002, na exposición colectiva ArtXove de Pontedeume. A súa obra amosouse tamén, entre outras, na exposición colectiva “Bar Luna Mulata”, de Madrid, ou na Sala de Exposicións Fundación Vicente Risco de Allariz, onde levou a mostra “Andante”.

Cultura