O CCRD de Perlío emite un SOS

O CCRD de Perlío emite un SOS

21 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un SOS lanza a xunta directiva do Círculo de Perlío. Necesitan a colaboración de máis socios e socias para manter o actual nivel de actividades da entidade. A asociación celebrará asamblea ordinaria o vindeiro domingo, e precisan de máis mans para a directiva.

A entidade valora satisfeita o funcionamento das pistas de tenis. A actividade conta cunha crecente demanda e o deporte da raqueta practícase cada vez máis. É necesaria, case imprescindible a participación de máis xente na xunta directiva, segundo afirma o actual presidente do Círculo de Perlío,  Manuel Sánchez.

A asamblea anual ordinaria do Círculo de Perlío celebraráse o vindeiro domingo, ás 12.00h.

Sociedade