O Centro Comarcal da Ulloa achéganos a vida das mulleres indíxenas da Amazonía Ecuatoriana

O Centro Comarcal da Ulloa achéganos a vida das mulleres indíxenas da Amazonía Ecuatoriana

26 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Antigos Soños de Mulleres Kichwas” é o título dunha mostra que durante os próximos meses percorrerá diferentes vilas galegas. Unha exposición itinerante a través da que se pretende achegar á sociedade galega a realidade das comunidades indíxenas da Amazonía Ecuactoriana e as loitas que ve&ntilde

A exposición fotográfica permanecerá do 26 de outubro ao 12 de novembro no Centro Comarcal da Ulloa. A mostra pode visitarse de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas de luns a venres e de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas os sábados. Ademais, o centro programará unha proxección aberta ao público do documental “Antigos soños de mulleres kichwas”, unha producción de Santiago Carcelén complementaria ás fotografías.

A mostra fotográfica, froito do apoio de Luís Vera (fotógrafo paraguaio de Cruz Vermella Suíza) e da colaboración de Raquel Clausí (fotógrafa valenciana e colaboradora de Paz e Desenvolvemento ONGD), foi realizada a través dos ollos das verdadeiras protagonistas desta loita, as mulleres, e pretende dar a coñecer o proceso de empoderamento da muller indíxena kichwa, pertencente aos cantóns de Loreto e Tena, provincias de Orellana e Napo, na Amazonía ecuatoriana.

Paz e Desenvolvemento ONGD convida a través de 34 fotografías a compartir o traballo que está desenvolvendo como organización na Amazonía ecuatoriana, dentro do ámbito das prácticas de saúde intercultural, educación intercultural bilingüe, fortalecemento organizativo, así como creación e xestión de recursos a través de alternativas económicas sustentables, que contribúan a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, mediante a formación de capacidades locais, a través da recuperación e potenciación das prácticas e tradicións ancestrais.

Esta presentación forma parte do traballo coas organizacións de base Fonakin (Federación de Organizacións de Nacionalidade Kichwa do Napo) e a OCKIL (Organización de Comunidades Kichwas de Loreto), dentro do marco do convenio “Mellora das condicións de vida das comunidades indíxenas da Amazonía ecuatoriana”, subscrito entre Paz e Desenvolvemento ONGD e a AECID (Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento) e grazas á participación do grupo de mulleres Kallary muscuy warmi wuankuriska, traducido como ‘Antigos soños de mulleres organizadas’

Cultura