O certame de tapas de Fene arrinca este venres

O certame de tapas de Fene arrinca este venres

01 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

27 restaurantes e cafeterías de Fene participan no VI Concurso de Tapas organizado polo Concello. As tapas serviránse de xeito gratuito no horario establecido, os venres, sábados e domingos. Haberá premios para os establecementos participantes e para os clientes que completen todo o percorrido

O Concello espera fomentar a especialización, a mellora da calidade das tapas e consolidar o tapeo tradicional. O certame comezará o venres 3 de maio e se prolongará ata o 2 de xuño. 

Establécense dúas modalidades: Tapa Tradicional e Tapa Creativa, entendéndose como tapa creativa a que utilice productos, técnicas de elaboración ou presentación innovadoras.

O horario mínimo no que a tapa estará obrigatoriamente a disposición do cliente será:

Venres de 20:00 a 22:00 horas

Sábados de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 22:00 horas. Domingos de 13 a 15:00 horas

O local poderá ampliar o seu horario para a desgustación da tapa, se o estima oportuno.  

Os establecementos participantes deberán ter expedida ao público a tapa coa que participan durante o horario de obrigatorio cumprimento e nas datas establecidas.

As tapas do concurso serán gratuítas.

SELECCION DAS TAPAS GAÑADORAS:

TAPA POPULAR

Este premio decidirao o público para o que se elaborará un folleto chamado FENERRUTA coa que o cliente pode percorrer tódolos establecementos participantes e ir selando aqueles que visita e nos que degusta a tapa do concurso.

Aquel cliente que deguste tódolas tapas participantes no concurso terá a posibilidade de votar pola que considere a mellor tapa, e entrar no sorteo de premios. Só será válida a FENERRUTA se está selada por tódolos establecementos participantes no concurso.

TAPA TRADICIONAL ETAPA CREATIVA

Un xurado de recoñecido prestixio que será designado pola Alcaldía degustará as tapas participantes e emitirá o seu voto por cada unha.

As persoas integrantes do xurado encargaranse de seleccionar as mellores tapas nas modalidades, tapa tradicional e tapa creativa.

PREMIOS:

Premios para os establecementos participantes:

A) Para tódolos locais inscritos no concurso:

Campións:

- tapa CREATIVA: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.

- tapa TRADICIONAL: trofeo un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.

- tapa POPULAR: trofeo e un lote de produtos por cortesía de Meígas Fóra.

Subcampións:

- tapa CREATIVA: trofeo.

- tapa TRADICIONAL: trofeo.

- tapa POPULAR: trofeo.

B) Para os locais inscritos no concurso e que teñan á disposición da clientela s o viño patrocinador do seguinte premio.

Entre tódolos locais participantes que teñan á disposición da clientela o viño que patrocina este premio, sortearase unha estancia para dúas persoas na bodega da Rioja “Solar Viejo”, por cortesía da propia marca riojera. (Cea, aloxamento, almorzo, comida e visita guiada á bodega. Datas a convir coa bodega)

Premios para a clientela:

Entre todos os votantes que selen toda a FENERRUTA, sortearanse os seguintes premios:

Unha VIAXE de venres a domingo a Londres (A.D.) ou a Mallorca (P.C.) para dúas persoas. Datas a elixir, excepto en xullo, agosto e festivos. Premio por cortesía de Axencia de Viaxes Volaria Fene.

Dous CURSOS DE MANEXO DE EMBARCACIÓNS, por cortesía de Escola de Formación Náutica Aldebaran. (Tasas administrativas non incluídas). Datas a convir.

MATERIAL DEPORTIVO, por cortesía de Deportes Mas Sport.

Todas aquelas tarxetas cumprimentadas polos clientes nos propios establecementos entrarán no sorteo de:

10 BONOS DE 20 EUROS cada un para consumir en establecementos adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro”. Premios por xentileza da Asociación de CHS de Fene “O Cruceiro”.        

Unha BATIDORA DE VASO por cortesía de Electro Agro Fene.

PRODUCTOS DE PERFUMERÍA, por cortesía de Marta Ameneiro Perfumería.

Sociedade