ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O CIFP de Barallobre ten aberto o prazo de reserva de praza para o curso 2009-2010. Unha amplísima oferta de especialidades que en Fene, dun xeito peculiar, pasa polas preferencias profesionais deribadas dos sectores do metal e a mecánica nos Ciclos medios. Nos superiores a Administración e finanzas e as telecomunicacións informáticas teñen a palma.
Tres ciclos superiores imparte o centro de FP de Barallobre: Administración e Finanzas; Sistemas de telecomunicacions informáticas e Sistemas de regulación e control automáticos. A iso hai que engadir unha oferta variadísima nos seis ciclos medios relacionados coa soldadura, a mecánica ou o frío, especialidades tradicionais que rexeitan en moitos sitios pero que en Fene, segundo o director Guillermo Moreira, se produce unha situacion peculiar e son os preferidos polo alumnado.
A programacion educativa non sofre grandes cambios con respecto ao curso pasado, agás en soldadura onde se introducen os cambios propios da reforma da LOE. En Xestion administrativa será a ultima ocasión na que o curso dure un ano e medio, despois pasará a ser de dous anos. A reserva de matrícula aínda non se moveu moito porque o curso non concluiu de todo ata hoxe. Por iso agardan dende o centro de Formacion profesional de Barallobre que se incremente daquí ao dia 4 de xullo.
Polo demais o centro de Barallobre ofrece unhas instalacions aceptables, unha completa rede de transporte que colle varios concellos, e dende hai uns meses unha páxina web que pode consultarse para indagar en todos os aspectos da ensinanzas que se imparten e mesmo para comprobar as saídas laborais do alumnado: www. ceifpdefene.es