O cine Adriano celebra sesión contínua

O cine Adriano celebra sesión contínua

14 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A maxia do cine e o encanto dos vellos edificios conxúganse no proxecto Adriano, sesión continua. Á través dunha intervención fotográfica preténdese poñer en valor un salón no que non se poden ver películas desde febreiro de 1972. Pero a pesar do tempo transcurrido a cidadanía de Barallobre (Fene A Coruña) garda na súa lembranza a memoria das historias vividas na adolescencia no patio de buta

O proxecto “Adriano sesión continua” segue adiante. O colectivo Lumen organiza para o sábado trinta e un de xaneiro un baile de disfraces de película na Liga de Amigos de Barallobre. O grupo A culpa foi de Lolo arrufará a velada que comezará ás once da noite. As entradas custarán tres euros, incluindo unha consumición. A recaudación servirá para financiar o proxecto que pretende poñer en valor un edificio historico na parroquia de Barallobre. Ese mesmo sábado trinta e un de xaneiro un dos grupos participantes en “Adriano sesión continua” requiren de cincuenta persoas que se presten a figurar como extras nunha película que se vai gravar no mesmo cine, ese dia, o sábado trinta e un de xaneiro, as cinco da tarde. A xente interesada debe apuntarse en Radio Fene, no teléfono 981 492773

Sociedade