ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O catálogo da mostra fotográfica “Adriano, sesión contínua” xa está editado. A Deputación da Coruña sacouno do prelo esta semana e se presentará na Casa da Cultura de Fene o venres dezaseis de outubro ás sete e media da tarde. A publicación inclúe un resumo dos 17 traballos do proxecto, organizado polo colectivo Lumen.
Tralo acto de presentación do catálogo o mesmo 16 de outubro pero no propio cine de Barallobre, presentarase unha nova asociación, nacida para culminar o obxectivo de “Adriano, sesión contínua”. Segundo a fotógrafa, Marta Barros, é unha consecuencia do proxecto que pelexará para que o edificio se recupere no futuro.
Co proxecto fotográfico “Adriano, sesión contínua” o colectivo Lumen recuperou a dignidade do cine de Barallobre, segundo escribe no catálogo, a fotógrafa Rocío Brage. "As lembranzas da poboación arredor deste cine de Barallobre son moi interesantes. Con esas historias, o cine volve a falar e a brillar" segundo afirma a fotógrafa.