O cinema Adriano, unha caixa de sorpresas

O cinema Adriano, unha caixa de sorpresas

29 de Setembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Adriano, sesión continua”. Chámase así o proxecto impulsado polo colectivo fotográfico Lumen. Abren o prazo para que as persoas interesadas presenten o seu proxecto de imaxes fixas ou en movemento que se realizarán no marco do cine Adriano de Barallobre- Fene. Será do 3 ao 20 de outubro. O Adriano chamou a atención deste colectivo por tratarse dun sitio abandonado cun pasado potente, segundo palabras de Marta Barros, membro de Lumen, quen e

Cada participante presentará antes un pequeno proxecto, logo tirarán as fotos no edificio e despois darase unidade ao proxecto para rematar cunha exposición e a publicación dun catálogo. As bases do concurso poden consultarse no Facebook de Lumen e o correo de contacto é lumensajes@gmail.com.

O colectivo LUMEN realizou antes diferentes experiencias relacionadas co mundo audiovisual, amosando interés polos edificios vellos. E o Adriano préstase.

O Cine Adriano comezou as súas proxeccións o vintecinco de decembro de 1947 coa proxección da película “El enemigo público número uno”. Promoveuno José Fernández con deseño do arquitecto García Lastra. Foi a primeira sala de Fene concebida exclusivamente para as proxeccións cinematográficas. Tiña capacidade para trescentas oitenta e nove persoas. O edificio mantense en pé pero precisaría dunha intervención para salvarse.

Sociedade