O Club Natación Arroaz Fene debuta esta fin de semana en competición oficial

O Club Natación Arroaz Fene debuta esta fin de semana en competición oficial

12 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A piscina de Batallóns en Ferrol serve de escenario para a primeira xornada da liga galega benxamín onde participará, por primeira vez, un equipo do Club Natación Arroaz de Fene. Participará xunto con equipos do Club Natación Ferrol, Náutico Narón e a entidade organizadora o Mariña Ferrol. As probas a disputar serán os 200 libres, 50 libres e o relevo 6x25 libres mixto.

O Club Natación Arroaz de Fene foi creado esta temporada coa intención de consolidar a natación no Concello fenés. Habitualmente adestran na piscina municipal de Centieiras.

Deportes