O CMI de Fene alberga a Semana Lúdica e Deportiva

O CMI de Fene alberga a Semana Lúdica e Deportiva

01 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Semana Lúdica e Deportiva de Fene principiou nesta xornada no CMI Unidade de Fene. Unha iniciativa organizada pola Consellería de Deportes e dirixida a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos.

Nesta semana, os rapaces/as inscritos xogan, practican distintos deportes, participan en obradoiros, contactan coa natureza e realizarán unha acampada nocturna. Acampada onde os xogos nocturnos, as historias de medo e unha festa de despedida poñerán fin a este campamento.

O horario será  de 10.00 a 14.00 h, ata o venres, e o sábado 6 de agosto dende as 16.00 h até o domingo ás 12.00 h.

Sociedade