O COAG non pretende interferir no futuro da Fábrica de Lapis de Ferrol, só suxerir.

O COAG non pretende interferir no futuro da Fábrica de Lapis de Ferrol, só suxerir.

22 de Decembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Saltou estes dias á actualidade a antiga Fábrica de lápis Hispania de Ferrol, ubicada no barrio de Ferrol Vello, suxeito a un BIC (ben de interés culural) A inminente demolición que lle agarda ao edificio fabril, que nos primeiros anos do século XX competía nada menos que coa industria alemana, non deixou indiferente á delegación ferrolana do COAG. Despois do fallo do TSXG que permite a sua demolición, avalado pola autorizaci&oacute

 Fala hoxe Manuel Romero, responsable da comisión de Planeamento da delegación ferrolana do Colexio Oficial de Arquitectos da Coruña, sobre esa precisión que fixeron chegar ao concello de Ferrol. Sabedores do planeamento establecido para o ámbito onde permanece o esquelete da fábrica, os arquitectos propoñen unha alternativa concreta que non interfire para nada nos plans municipais. Manuel Romero fala do valor arquitectónico do inmoble fabril, encadrado no "Racionalismo" que lle valéu o Día da Arquitectura do ano 2008 a distinción por parte do COAG. 

No planeamento está claro: unha zona verde, un bloque de vivendas, e un equipamento público sustituirá á vella fábrica que , amais do valor arquitectónico, ten un valor sentimental e de memoria histórica porque funcionou durante 40 anos e traballaron nela unhas 400 persoas. Manuel Romero afirma que non pretenden interferir en ningunha decisión do goberno local pero sí crén ter o dereito de opinar e defender o diálogo diante de decisións importantes para a cidade e para os seus habitantes como este caso, que non é único.

Sociedade