O colexiado Alberto Martínez ven a provocar declara o técnico do Narahio José Luis Padín

O colexiado Alberto Martínez ven a provocar declara o técnico do Narahio José Luis Padín

02 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Enfadado amosouse José Luis Padin nos micrófonos de Radiofusión. O técnico do Narahio amosou o seu enfado pola actitude do colexiado Alberto Martínez no partido entre o seu equipo e o Barallobre disputado onte en Naraío e correspondente á liga da Segunda Autonómica de Ferrolterra. O míster afirma que a prepotencia do arbitro foi evidente e sufrímola os dous equipos apunta Padín. O directivo e xogador do Barallobre Iván Moure

O partido entre o Narahio e o Barallobre rematou con 8 xogadores do equipo local sobre o terreo de xogo e 10 do Barallobre. Todos os actores do choque coinciden no desmesurado protagonismo de Alberto Martínez no enfrentamento deportivo.

Deportes