O comercio alaricano pon en marcha a recollida selectiva de papel e cartón

O comercio alaricano pon en marcha a recollida selectiva de papel e cartón

01 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Dende a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Allariz e o Núcleo de Sostibilidade da Reserva da Biosfera “Area de Allariz” en colaboración coa Asociación de Comerciantes e a Asociación Puzzle de inserción laboral de persoas con discapacidade, pretende poñer en marcha unha campaña de recollida selectiva de papel e cartón nos comercios e

O Concello de Allariz leva anos poñendo en marcha diversos sistemas de reciclaxe. Na actualidade gracias á colaboración da Asociación Puzzle e a Asociación de Comerciantes, será posible comezar unha campaña de recollida de papel e cartón de forma directa en cada establecemento.

A iniciativa está relacionada de maneira directa co Artigo 25.º da Ordenanza reguladora de limpeza viaria do Concello de Allariz, representando para os comerciantes unha axuda á hora de cumprir cos deberes que éste regula: Estableceranse líneas de colaboración con grandes productores (supermercados, froiterías…), sendo obrigatorio para os mesmos o traslado de cartóns e caixas de froita cos seus propios medios, (sempre que xeneren máis de 0,5 m3 de lixo ó día), depositarán ditos materias reciclables nas instalacións indicadas a tal fin polo Concello.

Este proxecto será implantado durante o mes de decembro de forma experimental, levándose a cabo dúas ou tres veces por semana en horario comercial, frecuencia que se poderá ver ampliada ou reducida dependendo das necesidades específicas que se advirtan.

A campaña de recollida está dirixida á totalidade de comercios da vila cuxos representantes están convidados a unha reunión informativa o vindeiro 3 de decembro ás 15:30h no Fogar dos Maiores, na que se explicarán detidamente as bases da iniciativa, así como tamén se fará un listado dos establecementos interesados en adherirse ó proxecto, datos que se empregarán para deseñar a estratexia definitiva de actuación.

A recollida selectiva de cartón e papel e os seus beneficios:

Con este proxecto, tanto o Concello de Allariz, coma a Asociación de Comerciantes e a Asociación Puzzle de inserción laboral de persoas con discapacidade, pretenden xerar diversos beneficios:

• Unha indubidable contribución ao medio ambiente gracias á reciclaxe de papel e cartón. Por exemplo, con cada tonelada de cartón reciclado afórranse 140 litros de petróleo, 50.000 litros de auga e a vida de 15 árbores.

• Os comerciantes disporán dunha recollida propia de cartón e papel, que se realizará porta por porta, o que os librará de ter que cargar eles mesmos cos cartóns ata o colector máis próximo.

• Os colectores, quedarán entón, para uso domiciliario exclusivamente, polo que se evitará calquera sobrecarga dos mesmos e que o lixo teña que ser depositado no chan. En consecuencia, as rúas de Allariz estarán máis limpas ó non acumularse cartón e papel nas súas beirarrúas.

• Por último, e como unha das bases fundamentais do proxecto, a recollida selectiva de cartón fará posible que persoas con discapacidade e, polo tanto, algunhas veces excluídas do mercado laboral, atopen unha forma de inclusión social.

Sociedade