O Comité Cidadán de Emerxencia esixe o peche de Reganosa e a apertura dos gaseoductos

O Comité Cidadán de Emerxencia esixe o peche de Reganosa e a apertura dos gaseoductos

16 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O peche da planta de gas de Reganosa (Mugardos) e a apertura da regasificadora de Tui. Estas esixencias plantexáronnas esta mañá os voceiros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol. Un dos membros da plataforma, Manuel Rodríguez Carballeira, sinalou que Reganosa non só é ilegal e perigosa senón que tamén resulta inviable. Subliñan que a instalación é produto dun continuado proceso de corrupci&oacut

O funcionamento da regasificadora de Mugardos só serve para protexer o plan de Fraga e os intereses do señor Tojeiro segundo a plataforma cidadá. A inaxeitada planificación enerxética das diferentes administracións desembocou na construcción dunha planta de gas para alimentar industrias do Grupo Tojeiro e para abastecer uns ciclos combinados que só funcionan ao 30% da súa capacidade, esgrimen. “Trátase dunha planta deficitaria cuxo déficit finaciamos todos fraudulentamente. Os 3 ciclos combinados están ao ralentí e poderían traballar perfectamente co gaseoducto de Tui, que se atopa fóra de uso”. De feito, tirando de datos, informouse que Reganosa é a planta cunha menor ratio de utilización, só o 35%.

Rodríguez Carballeira subliñou que non existe ningún motivo que xustifique manter operativa unha planta de gas deficitaria e innecesaria. Asemade engadiu que o gaseoducto Tui-Llanera, sen actividade desde a posta en servizo de Reganosa, podería suplir a achega da regasificadora de Mugardos;tanto para o abastecemento do consumo convencional como ás centrais de ciclo combinado.

Sociedade