O Concello de Fene intensificará a desratización no río Cádavo

O Concello de Fene intensificará a desratización no río Cádavo

08 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene intensificará os labores de desratización no entorno do río Cádavo, diante da continua presenca de roedores nas inmediacións das vivendas de Astano e do parque Rosalía de Castro. Tanto o Bloque Nacionalista Galego como o Partido Popular reclaman unha maior atención a este problema.

O alcalde Iván Puentes indica que na actualidade o Concello de Fene contratou a unha empresa que cada 15 dias realiza a desratización naqueles lugares onde se detecta a presenza de roedores. Abundan especialmente en determinados lugares na época de cría e co bo tempo, segundo Iván Puentes.

Non se lle pon solución ao problema, para o voceiro do artido Popular Gumersindo Galego. A concelleira de Medio
Ambiente asegura que realiza visitas á zona pero o problema de salubridade continua. Tamén o representante do Bloque Nacionalista Galego Manuel Polo reclama unha actuación máis contundente na zona. Indica que o goberno municipal pon excusas peregrinas e non escoita as numerosas e continuas queixas dos veciños. A proliferación de ratas provocou preguntas dos grupos da posición no pleno da Corporación de Fene celebrado o pasado xoves.

Sociedade