O Concello de Fene multará a Viaqua con 12.000€

O Concello de Fene multará a Viaqua con 12.000€

07 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O PP de Fene ten pechada a candidatura ás eleccións municipais. Dos seis concelleiros-as que ten na actualidade, cáese un, Alejandro Dopico. Os outros cinco repiten ocupando os primeiros postos da lista. O segundo tramo da mesma leva nomes totalmente novos, candidatos que Gumersindo Galego non desvelou, ata que o partido presente a lista na Xunta electoral. Con respecto á retirada de Alejandro Dopico, alegou "razóns personais e de saúde".

Viaqua

O concello de Fene castigará cunha multa que ronda os 12.000 € a  Viaqua. O motivo é a negativa da empresa adxudicataria do servicio da auga a valeirar e limpar os lodos na antiga depuradora de Maniños e mesmo acudir a un contencioso contra o concello para non executar ese traballo. O alcalde explicou a decisión, que se adoptará o xoves no pleno.

Ordenanza Taxis

A nova ordenanza do servicio de taxis en Fene tamén vai a pleno esta semana. Regularánse as tarifas, a colocación dos taxímetros antes de xuño, a atención ao público, etc, todo co acordo previo do colectivo.  Gumersindo Galego. O alcalde fenés tamén nos asegurou que o concello se encargará este ano da organización da Xuntanza de Palilleiras que se celebrará o sabado 18 de abril, en San Valentín, ao renunciar a facelo a asociación O Tadetas.

Obras no camiño do cemiterio municipal.

Fene vén de sacar a contratación os traballos de acondicionamento do camiño que une o cemiterio municipal e Romariz, na parroquia de Barallobre. Unha actuación orzamentada en 87.870,20 euros, dos que 72.620 euros se financiarán con cargo aos fondos do Plan marco de mellora de camiños rurais de titularidade municipal que promove a Consellería de Medio Rural e do Mar en colaboración coa Deputación provincial da Coruña. A cuantía restante, sae dos fondos municipais.

Sociedade