O Concello de Fene presenta o primeiro Trofeo de Regatas

O Concello de Fene presenta o primeiro Trofeo de Regatas

09 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A I Edición do Trofeo Concello de Fene de Regatas presentouse este mediodia. O Club Náutico de Ares é o organizador deste evento que conta co patrocinio do concello fenés.

O Trofeo disputarase os días 18 e 19 de xullo na ría de Ares. Así o comunicaron a concelleira de Deportes de Fene, Carmen Silvar, e o presidente do Club Náutico de Ares, Fernando Montoto.
Malia que o evento comeza o sábado, o venres 17 pola tarde comezarán a chegar as primeiras embarcacións participantes. O domingo as competicións comezarán ás 12 do mediodía. Arredor de 40 embarcacións clase cruceiro, procedentes de distintos clubs de toda Galicia, están inscritas neste Trofeo.
Os máis pequenos tamén teñen un papel protagonista neste evento, xa que entre o 19 e o 25 de xullo unha escola de vela estará á súa disposición nas instalacións do Club Náutico de Ares.
Tanto a concelleira como o presidente do club, expresaron o seu desexo de que esta cita quede fixada no almanaque deportivo para gozar e aproveitar de todas as posibilidades que ofrece a ría.

Sociedade