O concello de Ferrol da un paso cara á transparencia

O concello de Ferrol da un paso cara á transparencia

09 de Febreiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Ferrol fai públicos os bens patrimoniaias e as actividades dos 25 concelleiros e concelleiras da corporación local. Toda a información está, desde esta mañá, a disposición da veciñanza na web municipal www.ferrol.es, en Compromiso de Transparencia

O Concello de Ferrol ven de publicar esta mañá na páxina web oficial o resume de actividades e bens patrimoniais dos 25 concelleiros e concelleiras da corporación municipal, en cumprimento da legalidade. A información está á disposición da cidadanía na web www.ferrol.es, no apartado COMPROMISO DE TRANSPARENCIA.

O réxime de retribucións anuais do alcalde, dos concelleiros e concelleiras, con e sen responsabilidade de Goberno, e as asistencias por concorrencia efectiva ás sesións dos órganos colexiados -pleno, xunta, comisión, delegacións de Alcaldía e voceiros- tamén se pode consultar na web, froito do acordo plenario da sesión extraordinaria do 2 de xullo do 2015.

Sociedade