O Concello de Neda inaugura o seu particular “Santiago Bernabeú”

O Concello de Neda inaugura o seu particular “Santiago Bernabeú”

09 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Día grande para o veciño municipio de Neda. Este mediodía o alcalde Cabezón, o concelleiro Seijo e o vicepresidente da Deputación Villaamar presiden o acto de inauguración do novo campo de fútbol de herba sintética de Neda. Unha obra realizada este ano grazas ao plan da Deputación e que se complementará nos próximos meses coa contratación do alumeado público da instalación, unha obra que sairá en contrat

O goberno municipal nedense tamén ten en carteira a construcción dunha pista de pádel nas instalacións do campo de fútbol. Esta pista orzamentada en 24.000 euros será financiada ao 50% pola Xunta de Galicia a través da súa Dirección Xeral para O Deporte da Xunta.

Deportes