O Concello de Vilalba axudará a promover a autoestima femenina

O Concello de Vilalba axudará a promover a autoestima femenina

30 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Centro de Información á Muller do Concello de Vilalba, en colaboración co Servicio Galego de Igualdade, organiza un Obradoiro de desenvolvemento persoal – autoestima dirixido a  mulleres de todas as idades. A formación terá lugar o vindeiro mércores 4 de novembro, de 10 a 14 horas no  3º piso do Concello de Vilalba.

Os principais obxectivos que se perseguen con este obradoiro con descubrir  nosas fortalezas e aspectos positivos das persoas, saber recoñecer as propias limitacións, analizar as posibilidades persoais e o reforzamento das mesmas, fomentar a autoestima e o coñecemento da propia personalidade.

No curso trataranse cuestións como o concepto de autoestima, a xeración de novas condutas, a superación das crenzas limitantes, a motivación e as súas dinámicas, técnicas asertivas, instrumentos para o desenvolvemento dunha imaxe positiva, formas de mellorar a autoimaxe, e a creación de dinámicas grupais como parte das habilidades sociais para o fomento da autoestima.

A inscrición é gratuíta e pódese realizar de forma persoal, ou ben por teléfono (982 52 30 32), no Centro de Información ás Mulleres do Concello.

Sociedade