O conselleiro Hernández terá que render contas ante o Tribunal Superior

O conselleiro Hernández terá que render contas ante o Tribunal Superior

29 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, sentará no banco do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Farao en calidade de imputado por un delito de falsidade documental, segundo consta na querela presentada polo Partido Socialista e que foi admitida polo alto tribunal. Este faise cargo do caso logo de que o Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra decidira inhibirse a favor da sala do civil e do penal do Superior por mor da con

Na querela do PSdeG denúnciase que cando exercía de responsable de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra, Agustín Hernández certificou á súa antiga empresa unha obra en construción. Concretamente, trátase da estrada coñecida como variante de Lira, licitada en preto de 400.000 euros e adxudicada en 2006 pola institución provincial á construtora Sercoysa, coa que Hernández traballara antes de asumir o cargo público. O agora conselleiro tería ratificado a finalización duns traballos cando aínda estaban no inicio da súa realización. A Deputación de Pontevedra xustificou a irregularidade por ser esa certificación falsa a única maneira de non perder as achegas da Unión Europea que financiaban a obra.

Os socialistas galegos presentaran a querela contra Hernández en maio de 2009, pouco tempo despois de que se coñecese que asumía a Consellaría de Medio Ambiente. O posterior recurso do afectado foi desestimado, e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia decidiu incoar sumario polos delitos de “falsidade en documento oficial, estafa e ou fraude á Administración Pública” contra Agustín Hernández e o enxeñeiro da Deputación pontevedresa, Baltasar Pujales. O alto cargo da Xunta terá que declarar o venres pola mañá sobre a certificación da variante de Lira.

Institucional