O Consello de Ministros aproba a reforma que estende o contrato con indemnización de 33 días

O Consello de Ministros aproba a reforma que estende o contrato con indemnización de 33 días

16 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A extensión sen restricións do coñecido como contrato de Fomento da contratación indefinida, que indemniza 33 días ao traballador despedido, e consideración como despedimento procedente se a empresa demostra unha “situación negativa”, sen que sexa preciso acreditar un prazo mínimo de tempo, son as novidades máis destacadas do decreto de reforma laboral aprobado nesta xornada polo Consello de Ministros. O texto entrará en vigor

O contrato de fomento do emprego, que establece unha indemnización de 33 días por ano traballado no caso de despedimento, estará a disposición de todos os colectivos, e non só para a contratación dos menores de 30 anos e maiores de 45, como se contaba nun principio. Tamén se lle poderá aplicar aos homes de entre 31 e 44 que fosen despedidos dun emprego fixo. Iso si, será a partir da entrada en vigor do decreto. O ministro de Traballo, Celestino Corbacho, tivo que aclarar que a medida non posúe carácter retoractivo, de tal maneira que non lle afectará aos contratos indefinidos xa firmados, que manteñen a indemnización de 45 días por ano traballado en caso de despedimento improcedente.

Outro dos aspectos salientables do decreto, pensado para axudar aos empresarios, é o copagamento por parte do Fondo de Garantía Salarial de oito días por ano da indemnización por despedimento para todos os contratos indefinidos. Só hai un caso no que non haberá axudas públicas para sufragar as indemnizacións: trátase dos despedimentos por motivos disciplinarios. O Goberno asegura que o determina así para promover a vía das causas obxectivas cando se rescinde un contrato. O ministro Corbacho argumentou que haberá “maior flexibilidade, pero mantendo a seguridade dos dereitos dos traballadores”.

En relación con este aspecto, desbotouse fixar un prazo mínimo de seis meses de perdas para que o empresario poida acreditar causas obxectivas, xa sexan económicas, técnicas ou organizativas, para xustificar o despedimento. Agora o decreto establece que se poderá tomar a decisión, cunha indemnización de 20 días por ano traballado, “cando dos resultados da empresa se desprenda unha situación económica negativa”. Os empresarios deberán demostrar esa situación “negativa” con resultados, e Corbacho afirmou que as causas “sempre debe determinalas un xuíz”.

Tamén se decidiu adiar dous anos o prazo para elevar de oito a doce días a indemnización por fin de contrato temporal, que se aplicará a partir de 2012. Ademais, o Goberno establece que de agora en diante os contratos de obra e servizo, que agora non posúen límite de duración, terán como prazo máximo tres anos, aos que se lles poderá engadir un cuarto se así o recolle o convenio colectivo. No que atinxe á liberalización dos servizos de emprego, as axencias privadas de colocación, coñecidas como ETT’s, xa non terán restricións para operar no sector da administración pública. E finalmente, o Executivo deseñará un fondo de capitalización que pensa concretar mediante proxecto de lei antes dun ano, pero que, segundo o Ministro de Traballo, non suporá un incremento das cotizacións empresariais á Seguridade Social.

Institucional