O contrato máis importante

O concello de Fene reaxustou as bases da licitación do Servizo a Domicilio tal e como lle demandou a ASADE
22 de Marzo, 2019 - 11:28 h. | Publicada por Radio Fene

Os grupos da oposición abstivéronse para que o servizo de Axuda a Domicilio non sufra máis retraso do que leva e que as persoas usuarias non se vexan afectadas negativamente.

ESCOITA O PODCAST:
Pleno de Fene

“Uns trileros” son os que nos piden que cambiemos as bases do contrato de Axuda a Domicilio de Fene” Así de claro expresouse o portavoz socialista Antón Noceda no pleno urxente convocado esta mañá para atender a reclamación da Asociación Estatal de Entidades de Servicios de Atención a Domicilio. Detrás dese nome, Noceda descubríu que se encontran as tres empresas máis grandes de España da Construcción e outra que vende Traballo en precario, as "empresas da Castellana". E citou os nomes de Florentino Pérez e Villar Mir.

A modificación esixida por esta asociación, que finalmente prosperou cos votos do PP e a abstención de EU e BNG, ten que ver cuns certificados de calidade de xestión e sobretodo co prezo do servizo, que segundo os cálculos da oposición subirá un 12%, sendo o segundo máis caro da nosa comarca.

EU concordou cos argumentos do socialista e tamén se abstivo para que o servizo se poña a funcionar canto antes, a pesar de que semella primar o diñeiro antes que a calidade do servizo. O custe do contrato acercarase aos dous millóns de euros.

O BNG, dacordo co argumentario dos socialistas, queixouse do desleixo do goberno local que xa acordara tarde traer as bases ao pleno unha vez que a empresa adxudicataria acaba no mes de abril o servizo. Agora un novo problema retrasa aínda máis a adxudicación do servizo. Afirmou Trigo que o goberno local tivo que botar man da oposición para sacar adiante o contrato municipal máis importante, xunto co servizo da auga.

Finalmente o cambio das bases resultou aprobado cos sete votos do PP e a abstención de EU, PSOE e BNG.

Institucional

Publica o teu comentario agora