O Cultural Maniños renovará directiva antes de final de mes

O Cultural Maniños renovará directiva antes de final de mes

06 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Cultural Maniños celebrará asamblea a finais deste mes de xuño para formalizar a renovación da xunta directiva. Algúns dos actuais xestores deixarán o club, pero hai un grupo de entre 10 ou 12 persoas dispostas a coller as rendas da entidade.

Loxicamente todo está pendente da celebración da asamblea, pero o adestrador Angel Mahía baralla distintas posibilidades xa de cara á vindeira tempada. Ten establecido contactos con Luis do A.D. Miño e con Otero do Racing de San Pedro, xogadores cos que hai un principio de acordo para incorporarse ás filas do Cultural Maniños. Mahía quere continuar co actual plantel, pero tamén incorporar a 4 xogadores máis para configurar un equipo competitivo.

O Cultural Maniños iniciará a pretempada o luns 27 de xullo e xa ten apalabrada a súa participación nun torneo co Animas para o fin de semana do 22 e 23 de agosto. Un partido cun equipo de Terceira Rexional o domingo dia 2, un triangular no Pote o sábado 15 e o Industriais de Perlío a finais de mes, son outras posibilidades baralladas para agosto.

Deportes