O curso escolar comeza en Fene cun lixeiro incremento da matrícula

O curso escolar comeza en Fene cun lixeiro incremento da matrícula

10 de Setembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Novecentos oitenta e cinco alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria se incorporaron ás aulas esta mañá nos distintos centros do termo municipal de Fene no primeiro dia dun curso escolar que, en termos globais, incrementa lixeiramente a matrícula.  985 rapaces matricularonse en Educación Infantil e Primaria no total dos centros do concello fronte aos 973 do curso pasado.

No CPI “A Xunqueira” de San Valentín entraron nas aulas esta mañá 184 nenos e nenas , notándose o maior incremento no novo alumnado de 3 anos. No CEIP “Centieiras” de Perlío comezaron o curso escolar 209 . No CEIP “O Ramo” de Barallobre son 86 os pequenos matriculados neste novo curso escolar e no CEIP “Os Casais” de Maniños, 70  Por último, o número de inscritos no Colexio “Jorge Juan” de Perlío ascende este ano a 407 (177 de E.I. e 230 de Primaria) A maiores, cómpre engadir os datos facilitados dende as dúas escolas unitarias do concello de Fene, a de “Santa Mariña” de Sillobre, onde comezaron o curso escolar esta mañá 20 alumnos e alumnas (12 en Infantil e 8 en Primaria), e a de Limodre, con 9 alumnos matriculados este ano (4 en E.I. e 5 en Primaria).

Asignaturas pendentes. 

O Ramo de Barallobre comeza o curso, segundo o seu director César martínez, con tres carencias importantes: a primeira, unha sinalización na contorna do centro que anuncie que aí hai un centro escolar. A segunda é a posta en marcha do pavillón do Ramo que leva tres cursos pechado sen poder utilizalo para actividades extraescolares como antes. Por ultimo a necesidade de renovar a pasarela de acceso a persoas con discapacidade, que se encontra obsoleta.

Os Casais de Maniños inicia o curso coa mesma necesidade de cambiar a cuberta e con moitos proxectos para celebrar os 25 anos.

Na Xunqueira botan en falta a renovación das tuberias do colexio.

A Jorge Juan abre cun novo tellado mentras que Centieiras comeza o curso cun centro pintado, nova biblioteca, novos cuartos de baño e peche do recinto escolar rematado.  

 

 

 

Sociedade