O Día Internacional do Comercio Xusto reclama equidade tamén para o Norte

O Día Internacional do Comercio Xusto reclama equidade tamén para o Norte

08 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

“Fainos un pouquiño máis libres e felices”. Velaí unha descrición do comercio xusto que propón un dos responsables da asociación sen ánimo de lucro Panxea, Gonzalo Gesto. Este proxecto que vén de estrear nova sede en Santiago de Compostela vende produtos que defenden o principio da soberanía alimentaria e tamén desenvolve iniciativas educativas ao respecto. Co gallo do Día Internacional do Comercio Xusto, que se celebra

Comercio alternativo e equitativo na relación entre produtores e consumidores, que ofrece calidade a cambio dun ingreso digno e respectando garantías dunha elaboración en condicións de igualdade, sen discriminación, sen explotación, con criterios ecolóxicos e preservando o medio. Todo iso figura nunha definición máis académica da xustiza comercial, baixo cuxos principios celebrarán o Día Internacional as organizacións solidarias galegas con actos en Santiago, Pontevedra, Ourense e Vigo.

Desta volta, a organización Amarante quere chamar a atención sobre a responsabilidade das grandes superficies comerciais na explotación de millóns de persoas. A directora de Amarante, Nanda Couñago salienta que “tres ou catro grandes compañías controlan o 40 por cento do mercado da distribución alimentaria” e denuncia que, como está a demostrar a crise do sector lácteo galego, axustan demasiado as marxes de beneficio. As cadeas internacionais venden “alimentos viaxeiros”, que viaxan miles de quilómetros, xerando gran impacto no medio. Ademais, Amarante chama a atención sobre produtos non alimentarios, como a roupa. Un informe da asociación denuncia que Carrefour produce textil en condicións de explotación en Bangladesh.

Sociedade