O deporte volve ao CPS de San Valentín

O deporte volve ao CPS de San Valentín

20 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A actual directiva do Centro de Promoción Social de San Valentín volve a apostar polo deporte e onte abriu o prazo de inscrición para as súas novas escolas de fútbol sala, balonmán, scalextric e iudo. A escola de iudo ten moita demanda, segundo anticipou a directiva encargada dos deportes na nova directiva Silvia Seoane.

A vocal anunciou que a intención do CPS é recuperar os equipos de balonmán que hai anos habia no barrio fenés, “sobre todo balonmán feminino” apunta Silvia Seoane. A nova directiva do CPS fai un chamamento aos pais e nais dos nenos para que se apunten na nova oferta deportiva do barrio.

Deportes