ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O vindeiro martes dia 23 de xuño, préndese o lume á fogueira de San Xoán. Tómanse sardiñas asadas e sáltase o lume para deixar fora os malos agoiros. A xornada remata cunha queimada. E no momento no que se prende lume á caña, ou augardente, hai que recitar o esconxuro. Ofrecemos de seguido a letra elaborada por Xosemaría Pérez Parallé. Ao dicir dalgúns estudosos, posiblemente se trate do poema máis veces editad
O esconxuro da queimada:
Lume lumiña.
que verde camiña
da fraga á lareira
e faise lumieira.
Lume de quentura
pra nosa fartura;
lume benzoada
que roda a queimada.
Pingota de orballo
folla de carballo;
auga do agoiro
mel do fervedoiro.
Cerqueira de lume,
sin trasno nin fume;
nin bruxa chuchona,
nin meiga dentona.
Rolar muiñeiro,
chiscar faisqueiro;
moxena lumiosa,
vagalume rosa;
viradoira de lus
faremos a crus.
Polo ar da sorte
que escorrenta a morte;
pola auga da vida
que sanda a ferida;
pola herba moura que busca a tesoura;
pola pedra do raio que mata ao meigallo.
Lume, lume, lume;
lume lumeada
para aloumiñar
a queimada queimada,
na vira virada
do borburellar.
Polo San Silvestre
de pao de cipestre
chaga de San Roque,
can e palitroque.
Polo San Andrés
e, polo Sant-Iago,nun reviravés,
queimada che fago,
e, QUEIMADA, es.
Extraida do libro POEMAS, CANTIGAS de Xosemaría Pérez Parallé, publicado por Edicións do Castro en 1995.