O espectáculo, Eterno Camarón, chega a Ferrol

O espectáculo, Eterno Camarón, chega a Ferrol

13 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Auditorio de Ferrol acolle o 21 de febreiro un gran espectáculo. Representase Eterno Camarón, unha homenaxe á figura do flamenco, ás 20 horas. A voz de Pedro El Granaíno sobresae nun espectáculo onde a música lembra ao mundo, a figura, o xenio e o mito de José Monje, Camarón de la Isla. As entradas, a partir de 23 euros. no Auditorio de Ferrol o vinteun de febreiro.

José Monje Cruz, Camarón de la Isla, naceu en San Fernando en Cádiz en 1950. Morreu en Badalona en 1992. Fixo que a paixón, a emoción xitana sacudira todo o universo.
Camarón foi revolucionario pola súa capacidade de inventar. Pero o seu era máis ben vivir ata as súas últimas consecuencias as posibilidades de beleza que atopou no herdo recibido. Reinventou toda unha forma de expresión, doce e salvaxe, controlada e tola. A súa afinación e compás non ten parangón. A súa arte e a súa vida convertíronno nun mito. Foi sublime no profundo dos cantes libres. Os aires festeiros subíronno á gloria. Gañou a batalla crematística cos atarantados tangos rumbeiros do himno “Soy gitano”.

Sociedade