O espirito de Riotorto

O espirito de Riotorto

29 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A plataforma de profisionais "O social, no local" convoca unha concentración mañá mércores, na Praza do Concello de San Sadurniño (A Coruña). Queren expresar a oposición ao "desmantelamento" dos servizos sociais. A protesta terá na cór laranxa o seu símbolo de identidade e convidan aos participantes a levar prendas ou globos desa cór. Reivindican con esta iniciativa a actual autonomía para os municipios e

O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, informou de que a formación nacionalista impulsa "un plan de resposta" ante o "golpe de estado" aos servizos sociais e o estado de benestar que, ao seu xuízo, están a provocar os recortes e medidas como o novo copagamento. Para iso, promove o "espírito de Riotorto", tomando o nome do primeiro concello galego (gobernado polo Bloque) que anunciou que faría fronte á cobertura de medicamentos que os cidadáns non puidesen asumir pola imposición de achegas para acceder aos fármacos. "Estamos a demostrar que outra política é posible", remarcou poñendo como exemplo os municipios gobernados polo BNG que xa se sumaron á iniciativa de asumir o novo copagamento farmacéutico. Tamén exemplificou con outros, como o de Pontevedra, que "rompeu o teito de gasto" para políticas de emprego e poñer a disposición cidadá un parque de vivendas gratuítas para os desafiuzados, ou o de Tomiño, que promoveu un banco de alimentos e a garantía dunha alimentación axeitada para os escolares. Neste contexto, Xavier Vence sinalou que "todo isto se pode facer cando hai un proxecto diferente aos recortes" e vontade de combater as “reformas do PP". Agora o Bloque quere levar "o espírito de Riotorto" a todos os concellos do país.

Sociedade