ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Ministerio de Medio Ambiente expropiará o muíño das Aceñas en Narón ao non ter chegado a un acordo en torno á súa valoración cos seus propietarios. Nun prazo de dous meses remitiráse ao Consello de Ministros a documentación que permita iniciar o proceso expropiatorio.
Os bens do muíño das Aceñas deben ser declarados de utilidade publica. Segundo os cálculos de Costas o proceso podería rematarse ao longo do presente ano 2010. O Concello de Narón formulou no seu dia unha oferta de 45.000 euros no ano 2006 pola edificación. A negociación finalizou sen acordo cos propietarios. O Muíño de Marés das Aceñas é unha obra de grandes dimensións, cunha represa na desembocadura do rio Freixeiro. Unha comporta xiratoria alberca máis de 50.000 metros cúbicos de auga, enerxia dabondo para movelas grandes pedras de que dispón. A fábrica das Aceñas construiuse a finais do século XVIII promovida por unha sociedade de empresarios galegos e franceses. O edificio consta de represa, muiño, vivenda, almacéns e casa de recreo adosada, todo isto pechado cun muro de pedra. Tiña a consideración de Real Fábrica de Fariñas e foi unha das principais factorias da Galicia do século XIX.