O exemplo deportista para superar o cancro

O exemplo deportista para superar o cancro
27 de Maio, 2021 - 10:33 h. | Publicada por Radio Fene

Os exemplos da xente do deporte transmiten valores interesantes e serve para que moitas persoas teñan un espello onde mirarse. Aprendemos moito da observación de modelos e o caso da tenista canaria Carla Suárez. As súas mensaxes chegan con máis forza. Ela superou rapidamente a denominada fase de negación e iso permite chegar antes ás fases de aceptación e á posibilidade de saír adiante. Persoas que pasen ou teñan pasado por un cancro poden considerar á tenista como un igual, sinalou o psicólogo Jose Barcia na Fenestra de Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:
Asociación Por máis vida. Fene

O porteiro do Deportivo Molina, o xogador Penev, Yeray Alvarez do Atlhetic de Bilbao, Virginia Torrecilla, capitá da selección española de fútbol, son casos de superación. Son figuras recuperadas do cancro e que volven ao máximo nivel do deporte de alto rendemento. Que fixen eu para merecer isto? Por que me tocou a min? Son preguntas que soe facerse  unha persoa ao recibir un diagnóstico de cancro. Tamén se perde a parella ou o traballo. O psicólogo José Barcia definiu en Radio Fene esa reacción como “a fase da negación”.  E importante pasar canto antes da negación á aceptación, por que se non vaise atrasar a loita pola recuperación. Carla trata de afortalar o seu organismo en ximnasios e intentar ir recuperando pouco a pouco o seu rendemento anterior. Hai moitos exemplos de deportistas que superaron cancros e volveron competir ao máis alto nivel. "Tiven 'in mente' a volta á competición todo este tempo" afirma a tenista Carla Suárez. A canaria xa está en París, onde volverá ás canchas tras superar un cancro, 17 meses despois para despedirse en Roland Garros.

Sociedade

Publica o teu comentario agora