O fútbol xuvenil tamén protagonista no calendario futbolístico de Ferrolterra

O fútbol xuvenil tamén protagonista no calendario futbolístico de Ferrolterra

28 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O VII trofeo “ Ferrolterra” de fútbol xuvenil comeza este serán cunha eliminatoria previa. O Eume Deportivo e o Numancia de Ares veránse as caras ás sete e media no Campo da Gándara-1 de Ferrol.

As semifináis desputaránse o vindeiro martes 1 de setembro. No primeiro encontro, ás seis e media, enfrontaránse no Campo do Caranza o equipo local, o Galicia de Caranza eo Narón Balompé Piñeiros. O Racing Club Ferrol e o vencedor do encontro desta tarde entre o Eume e o Numancia xogarán a segunda das semifináis. Será ás sete da tarde no Campo da Gándara- 2.

A gran final celebraráse o martes 8 de setembro no Campo da Gándara- 2, entre os gañadores das dúas semifináis. O Padroado Municipal de Deportes de Ferrol patrocina este torneo.

Deportes