O Felipop goza co rock enerxético dos Zodiacs

O Felipop goza co rock enerxético dos Zodiacs

09 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Tocaron en Málaga (Alaurín de la Torre) o dia anterior. Pero nin a malleira de 1000 quilómetros, disminuiu un ápice a enerxia no escenario dos Zodiacs, o grupo de Getxo, autor do videoclip do último anuncio de Fanta. O Felipop (Festival de música independente de Limodre Fene A Coruña) fechou a súa undécima edición cun alto nivel musical que provocou a satisfacción xeneralizada do público.

Ademáis dos Zodiacs, tamén subiron ao escenario The Puzzles (Santander), J.Teixi Band (Madrid) e Doctor Explosión (Gijón). Como din os de Getxo na súa canción Con poco me lo monto:

Voy a contarte mi vida / sin un pavo y sin movidas / si la casa invita yo me apunto / y no me pierdo ni un fiestón / ...

O espiritu de rebeldía adolescente agroma nos seus retrousos. Os ritmos vivos dominan unha melodía persoal onde o presente loita por gañar o futuro.

Cultura