O ferrolán, Alonso López, participóu na Pepa en 1812

O ferrolán, Alonso López, participóu na Pepa en 1812

19 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cúmprense hoxe douscentos anos da aprobación da Constitución de 1812, coñecida como “A Pepa”. O ferrolán José Alonso López participou activamente nas Cortes de Cádiz de 1812. Será o representante galego que con maior ardor e convicción, defendeu os ideais do liberalismo. Tamén era ferrolán Luis Rodriguez del Monte y del Prado. O historiador Guillermo Llorca pronuncia unha conferencia sobre os ferrolán

José Alonso López

Deputado pola Xunta Superior de Observación e Defensa de Galicia. José Alonso López naceu en Ferrol, o 2 de novembro de 1763. Piloto da Mariña e enxeñeiro, foi comisario da Inspección Xeral de Camiños. Considerado como matemático de renome, interveu na medición do arco de meridiano terrestre e realizou o plano xeográfico e estatístico da Arquidiocese de Santiago. Comisario e vogal da Xunta Superior de Galicia pola provincia de Betanzos, foi elixido deputado o 30 de xullo de 1810 polo dezaoito electores correspondentes no salón de sesións da Xunta Superior do reino de Galicia, na Coruña. O seu nomeamento foi aprobado pola comisión de Poderes, o 17 de setembro de 1810, xurando e tomando posesión do seu cargo o día 24. Formou parte da comisión de once deputados, encargada de elaborar un proxecto de arranxo e organización das provincias e tamén da comisión de Comercio e Mariña, composta por cinco deputados. Tamén participou na comisión do regulamento das Cortes, chegando a asinar a Constitución. Polo seu pensamento liberal tivo que exiliarse coa reacción absolutista de 1814, volvendo ser deputado nas Cortes de 1820. Escribiu varias obras científicas, entre a que destaca a súa monumental obra de 6 tomos “Consideracións xerais sobre varios puntos históricos, políticos e económicos a favor da liberdade e fomento dos pobos, e noticias particulares desta clase relativas a Ferrol e a súa comarca". Morreu na súa terra natal en 1824.

Sociedade