O Festigal pensa xa na súa décima edición

O Festigal pensa xa na súa décima edición

24 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Susana Seivane, Bellón Maceiras Quinteto e O'Questrada (Portugal) actuarán ás 10 da noite deste domingo no marco do Festigal, o festival da cultura galega organizado pola Fundación Galiza Sempre e Galiza Nova no campus sul de Santiago de Compostela. Nesta noite de sábado actuarán Os Cuchufellos, Galegoz, Banda Potemkin e Santa Macairo Orkestar (Franza). A organización agarda a visita dunhas 20.000 persoas.

O Festigal cumpre este ano a súa novena edición, e xa pensa na organización da décima como iniciativa na que se fará un repaso á traxectoria desta iniciativa escaparate da cultura galega, segundo sinalou en Radiofusión o director xerente da FGS Xabier Macias. Como novidades, este ano incluense audiovisuais no café concerto e tamén obradoiros de danza no espazo infantil.Cada ano máis grupos musicais, escritores, asociacións culturais e propostas de novas tecnoloxias queren contar con presenza no Festigal.

 

 

Cultura