O Foro Reimprímete saúda o Día do Libro cunha aposta polo papel como soporte de futuro

O Foro Reimprímete saúda o Día do Libro cunha aposta polo papel como soporte de futuro

23 de Abril, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

O Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLg) e a Asociación Galega de Editores (AGE) volven unir as súas forzas, como xa fixeran en Reimprímete, na defensa do produto impreso e do libro. Ambas as dúas entidades queren constituír un foro de diálogo permanente entre todos os axentes e colectivos involucrados na cadea de valor do produto gráfico e do libro galego, co fin de achegar posturas e reivindicar

O acto celebrarase ás 11:00h na Fundación Novacaixagalicia de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19). Contará coa participación de Jacobo Bermejo, presidente do CPGLg, Manuel Bragado, presidente da AGE, e de representantes das dezaoito organizacións empresariais e profesionais que xa se adheriron á convocatoria. Estas intervencións estarán moderadas por Xosé Manuel Pereiro, xornalista e decano do Colexio de Xornalistas de Galicia.

A escritora e xornalista Rosa Aneiros lerá un manifesto que reivindicará a importancia cultural, educativa e socioeconómica do papel, do libro e da propiedade intelectual dentro do proceso de hibridación que se establece coa intervención dos novos soportes tecnolóxicos

Este foro nace como unha das conclusións de Reimprímete, un evento que impulsaron ambas as dúas entidades o pasado ano e que tiña como obxectivo poñer en valor o produto impreso. Reimprímete constatou a importancia do papel no actual proceso de hibridación do sector. Así mesmo, concluíu que a distribución do contido dixital carece actualmente dun negocio sostible e que o produto impreso é, a día de hoxe, o soporte da cadea de valor do produto gráfico e do libro.

A convocatoria do foro "Reimprímete" conta xa coa adhesión de 18 organizacións empresariais e profesionais. Todas elas intervirán na reunión desta xornada, e son as seguintes:

-    Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLg).
-    Asociación Galega de Editores (AGE).
-    Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia (AEAGG).
-    Federación de Librarías de Galicia.
-    Asociación Galega da Literatura Infantil e Xuvenil (GALIX).
-    Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).
-    Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).
-    PEN Club de Galicia.
-    Asociación Galega de Marketing (MARKEA).
-    Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia.
-    Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI).
-    Asociación de Periodistas de Galicia (APG).
-    Colexio de Xornalistas de Galicia (CXG).
-    Asociación Galega de Deseñadores (DAG).
-    Agrupación de Distribuidores de Libros y Ediciones (ADILE).
-    Consorcio Editorial Galego.
-    Torre de Libros.
-    Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia (ANABAD-Galicia)

Cultura