O fortín dos Pinares

O encontro xogouse nos Pinares porque o Misael Prieto estaba impracticable.
23 de Decembro, 2019 - 09:56 h. | Publicada por Radio Fene

Sen ser un bo partido, o Perlio sacou os tres puntos e é segundo na táboa despois de ter descansado unha xornada. Merecidas vacacións para o conxunto que volverá ao traballo o 12 de xaneiro fronte ao Moeche.

ESCOITA O PODCAST:

Os goles de Iago e Isma déronlle a victoria a un Perlío que, en palabras do técnico, “xogou o peor partido da temporada”. Segundo Chechu Piñeiro, o Meirás levou o timón con varias ocasións na primeira parte. O primeiro gol de Iago chegou no minuto 30. A pase de Jaime, logrou bater ao porteiro por riba. Houbo moitas interrupcións e a segunda parte transcorreu polos mesmos derroteiros.

O gol de Isma veu de penalti no minuto 89. Chechu Piñeiro acabou contento polos tres puntos diante dun rival complicado e convencido de que volverán facer bos partidos. Chegan ao Nadal cos seis puntos logrados, diante do Numancia e o Meirás e tendo en conta que xa lles tocou descansar. O Perlío detenta a segunda posición na taboa. Agora toca un merecido descanso este semana. O dia 12 de xaneiro retoman a liga de novo nos Pinares, do que Chechu quere facer un fortín. O Moeche será o próximo rival.

Onte tocaba xogar no Masael Prieto pero o campo do Meirás estaba impracticable a causa do temporal, por iso o encontro se xogou nos Pinares.  O encontro de volta xogarase en Meirás, ese foi o acordo entre os dous clubes.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora