O franquismo consideraba ao labrego, un ignorante

O franquismo consideraba ao labrego, un ignorante

30 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

"O franquismo consideraba ao labrego unha persoa sen capacidade, individualista, egoísta, ignorante, incapaz para adoptar un papel activo", afirma o investigador do Proxecto Historia Agraria e Política do Mundo Rural Daniel Lanero. Ven de presentar un estudio sobre a situación do agro galego durante o franquismo. A obra, titulada Historia dun ermo asociativa. Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia durante o franquism

Lanero estudou a "normalización" de comportamentos corruptos e clientelares e a "imposición" dun modelo produtivo "alleo", fenómenos que "aínda teñen pegada na actualidade". O libro publicao a editoral de Negreira tresCtres. Como outras investigacións realizadas no seo do grupo Historia Agraria da Universidade de Santiago, do que Lanero foi parte, a obra contribúe a botar abaixo os mitos sobre a Galicia rural do franquismo.

A orixe de Historia dun ermo asociativo sitúase na tese doutoral do autor, que tivo que ampliar a escala da súa investigación desde o nivel local ata o galego e estatal. Principiou polo concello de Ponte Caldelas. "Como outros fascismos, o franquismo tivo unha vontade refundadora da realidade. Fixo tábula rasa, quixo desbotar todo o anterior, e no ámbito das políticas agrarias especialmente. Pero como non foi quen de substituílas máis que por políticas, ó meu ver erráticas, tivo que retomar o que se fixera no pasado, e fíxoo con menos eficiencia", apuntou Lanero, como unha das primeiras conclusións da súa obra.

Sociedade