ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Para os 400 traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña, o futuro non depende hoxe do azar da lotaría, senón da vontade que teña a multinacional estadounidense do aluminio de pagar para manter a súa actividade nunha das súas dúas factorías en Galicia. Nesta xornada e na de mañá martes densenvólvese a poxa extraordinaria para a asignación do servizo de
A poxa de rescate á que accedeu finalmente o ministro de Industria, José Manuel Soria, celébrase durante 48 horas en Zaragoza. As empresas grandes consumidoras de electricidade poderán optar a facerse con 50 bloques de 5 megavatios a un prezo de saída por bloque de 195.000 euros. Os prezos da poxa son válidos para todo o ano 2015. O Goberno accedeu finalmente a esta convocatoria extraordinaria malia non aforrar críticas a Alcoa, por considerar que non foi o suficientemente activa na poxa para obter a interrumpibilidade na Coruña ou Avilés como si o foi no caso da fábrica da Mariña luguesa. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, desbotou a pasada semana que esta concesión a Alcoa, convocando un novo proceso de adxudicación de megavatios, indique que se amañou a poxa para favorecer os intereses da industria e disolver a ameaza de peche das fábricas.