O galego chegaba en fervenza

O galego chegaba en fervenza

14 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Agustín Fernández Paz exerceu como mestre no Colexio Público Unión Mugardesa entre 1978 e 1991. Alí desenvolve unha parte importante da súa actividade pedagóxica, tanto na docencia como na organización das Xornadas Municipais de Pedagoxía, ademais doutras actividades culturais. Participa na fundación dos primeiros movementos de renovación pedagóxica, que pretendían transformar un sistema educativo ancorado un en

Xunto con Inmaculada Reino, dirixe e elabora o programa A Fervenza, en 1984 en Radio Fene. A través dunha conversa, suliñábanse erros habituais nos falantes máis urbanos do galego. Agustín e Inma preparaban os guións e dábanlle leitura gravando na súa casa o programa con medios rudimentarios. Despois Agustín desprázase en coche aos estudios da radio local para levar o espazo.

Sociedade