ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
50.000 pares de ollos víronno subir ao ceo neste ano 2011. Disque tiróu cara a Irixoa.A Asociación de comerciantes de Betanzos outorgará premios ás embarcacións mellor engalanadas nos Caneiros.
O globo ascende na noite do 16 de agosto, Día de San Roque dende na Praza García Hermanos de Betanzos- A Coruña.Agora síguenlle as romerías dos Caneiros, o 18 e o 25 de agosto.
A Asociación de comerciantes ACEBE CCA colabora co Concello de Betanzos na organización do concurso ás lanchas mellor engalanadas dos Caneiros 2011. O Goberno Local entregará tres premios ás embarcacións mellor decoradas que acudan ás romerías dos días 18 e 25. O primeiro premio será de 500 euros, o segundo de 300 e o terceiro de 200 euros. ACEBE CCA ocuparase das tarefas organizativas: mecánica do concurso e elección do xurado.
Os propietarios das lanchas que desexen participar no concurso deberán remitir as fotografías das embarcacións, debidamente identificadas con nome, apelidos e telefóno de contacto ao enderezo electrónico: periodico@comerciodebetanzos.com ou ben entregalas persoalmente nas oficias de ACEBE CCA, situadas na Praza Mestre José Dapena, número 1 baixo. O prazo de recepción remata o vindeiro 29 de agosto de 2011.