ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O goberno decide hoxe canto sobe a electricidade. As asociacións de consumidores consideran o prezo xa inflado. FACUA Consumidores en Acción advirte que unha subida da luz do 10% encarecería máis de 60 euros anuais o recibo do usuario medio. En só tres anos e medio, a factura anual acumularía unha subida superior aos 220 euros, máis dun 48%.
As análises de FACUA pon de manifesto que un usuario cunha potencia contratada de 4,4 kW e un consumo mensual de 270 kWh (a media en España segundo pon de manifesto os informes do CNE) paga hoxe 51,30 euros mensuais (impostos incluídos).
Se o Ministerio de Industria aplicase unha subida do 10% en xaneiro, o usuario medio pasaría a abonar 56,43 euros mensuais, 5,13 euros máis que na actualidade. A subida acumulada con respecto á tarifa vixente en xullo de 2007, cando o usuario medio pagaba 38,07 euros ao mes, alcanzaría os 18,36 euros mensuais.
As medidas aprobadas son un parche que non soluciona o problema de fondo, segundo a asociación de consumidores. FACUA considera que as medidas aprobadas o pasado xoves polo Goberno non son máis que un parche que non soluciona o gran problema de fondo da tarifa eléctrica, fixada por Industria en consonancia cos intereses das grandes empresas do sector e sen cuestionar o elevado prezo do mercado almacenista da xeración e o escuro sistema de poxas no que se basea.
Así mesmo, FACUA critica o ninguneo permanente do Ministerio de Industria ao movemento de consumidores organizado, co que se nega a dialogar sobre o futuro do sector.
A Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas convocou a pasada semana a unha reunión ás asociacións membros do Consello de Consumidores e Usuarios (CCU). FACUA decidiu non asistir ao considerala unha falta de respecto "xa que o único obxectivo do Ministerio era darlles a coñecer a súa decisión sobre a subida tarifaria en lugar de abrir un diálogo sobre a mesma, continuando así coa súa política de feitos consumados".
A política enerxética do Goberno está encartada aos intereses empresariais, denuncia FACUA, que lamenta que o obxectivo prioritario do Ministerio de Industria sexa satisfacer ás grandes corporacións de sectores como o enerxético e o das telecomunicacións á conta de lesionar os intereses económicos e os dereitos dos usuarios.
A asociación critica que o Executivo nin sequera conte cun Ministerio preocupado pola protección dos consumidores. As competencias en materia de Consumo están case totalmente diluídas no Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, que carece ademais de peso na maioría de decisións políticas que afectan os intereses dos usuarios.