O grelo do Val de Xestoso está no seu punto

O grelo do Val de Xestoso está no seu punto

10 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grelo do Val de Xestoso está no seu punto pero, sen saber porqué, estase vendendo mal esta temporada. Os productores da cooperativa agardan mellorar as vendas de aquí ao 27 de febreiro, dia da Festa do Grelo. Cadra tan tarde este ano o antroido que teñen medo a que o grelo escape antes, se o tempo metereolóxico non se porta.  

O grelo de Xestoso pode escapar. Ese é o temor que teñen nesta zona do Concello de Monfero. Este ano rexístrase unha moi boa colleita de grelos na zona. Hai moita cantidade e a calidade produto tamén é optima. Agora precísase que se manteña e frio, dado que con sol e calor, o grelo comeza a florear. Tamén se require que non haxa grandes xeadas que tamén botaría o grelo a perder, segundo o presidente da cooperativa do Val de Xestoso, Francisco Martinez Bouza.

A Festa do Grelo do Val de Xestoso celebrase o ultimo domingo de febreiro, o dia 27, sempre 8 dias antes do antroido.  A actriz galega Isabel Risco será a pregoeira este ano. Haberá música de charanga e o xantar popular no que a cooperativa pensa empregar uns 600 ou 700  Kg de grelos porque estiman unha afluencia de entre 1000 e 1200 persoas. Francisco Martinez.

Na feira agardan entre 40 e 50 expositores que ese día venden absolutamente todo. Non está a ocurrir así neste momento. Segundo o presidente da cooperativa o grelo non se está vendendo e iso que a mada non chega a custar nin un euro.

Sociedade