O grupo Pórtico de Astano marcha ata o Segaño

O grupo Pórtico de Astano marcha ata o Segaño

22 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A sección de Montaña do grupo Pórtico de Astano reanuda as súas marchas de sendeirismo despois do periodo vacacional do Nadal. Mañá sábado realizarán a ruta do Segaño, contemplando o castelo da Palma, a pena do cú da raiña, a moa e a batería do Segaño para subir logo ao mosteiro de Santa Catarina de Montefaro.

Sairán as dez da mañá da ensenada do Baño en Mugardos. O responsable do grupo Pórtico lembrou en Radiofusión que está aberto o prazo para solicitar ou renovar licencias para todas as persoas interesadas na práctica do montañismo ou do sendeirismo. Ademais da marcha a Segaño, a sección de Montaña do grupo Pórtico de Astano prepara expedicións aos Picos de Europa para o mes de abril e aos Pirineos para xuño.

Deportes