O IES de Fene pónse en marcha

O IES de Fene pónse en marcha

13 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O IES de Fene acollerá no novo curso escolar que arrinca o luns, a uns 450 alumnos-as. A directora, María Nogareda, non pode afinar a cifra esacta porque aínda está aberta a matrícula en diferentes modalidades de FP ou do PCPI e a Ensinanza de Adultos. Pero a estimación é esa, 450 estudantes. Quedamos co dato de que o IES Fene aumenta a matrícula este ano sobre todo grazas á numerosa incorporación de alumnos novos en 1º da ESO e

Academicamente o centro de Barallobre ofrece as mesmas ensinanzas na Formación profesional, a non ser unha novidade na FP, un Ciclo de Calor para adultos; e que en 1º de Bachelerato arrasou a Antropoloxía, asignatura que escolleron como optativa a maioría os alumnos-as.

O IES de Fene ofrece en Bachelerato as modalidades Científico-Tecnolóxica e de  Humanidades e Ciencias Sociais.
Este ano o centro conta cun novo PCPI en limpeza de edificios, locais e moblaxe, cuxa matrícula permanece aberta ata o luns 16 inclusive.

E dispón dos habituais ciclos medios no réxime ordinario, de
• Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas
• Soldadura e caldeiraría
• Instalacións frigorificas e de climatización
• Electromecánica de vehículos automóbiles

EW dos Ciclos Medios- Réxime modular presencial de:

• Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e condución de liñas
•  Montaxe e mantemento eléctrico
•  Automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos
•Técnicas de mecanizado para o mantemento e a montaxe

O próximo luns comeza o curso ás 11 da mañá como hora de presentación oficial. De 11 a 13h presentaráse o curso e o alumnado se distribuirá polas respectivas aulas cos respectivos titores. O transporte escolar pasará o luns unha hora antes polas paradas, sobre as 10 da mañá. 

Sociedade