ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Normal 0 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) amosou a súa preocupación pola posible perda dos fondos cedidos ao Museo Provincial de Lugo por parte de Álvaro Gil Varela e solicitou ás partes en litixio, os sucesores do filántropo lugués e a propia institución provincial, unha reflexión sosegada, á marxe de materialismos, sobre a necesidade de resgardar este patrimonio cultural e histórico como un ben p&u
Segundo afirman desde o IESCHA, no legado de Gil Varela atópanse pezas clasificadas como patrimonio arqueolóxico e prehistórico galego, relevantes coleccións de ourivería, e pezas tan emblemáticas para a nosa cultura como o Torques de Burela ou o Carneiro alado de Ribadeo. “Estas pezas, como parte importante do noso patrimonio, constitúen un dos maiores atractivos que ofreceu no pasado e debe seguir ofrecendo a institución pública que hoxe custodia e expón estes tesouros históricos”, afirma Manuel Santamariña, presidente desta institución cultural chairega.
Este fondo arqueolóxico está en perigo para o Museo Provincial, despois de que unha setenza do xulgado número 2 de primeira instancia de Lugo lle concedera a posesión das pezas aos herdeiros de Gil Varela e establecese a devolución das mesmas, entre as que figuran elementos importantes como torques de Burela, ou o carneiro alado de Ribadeo.
Entre os anos 1955 e 1980, Álvaro Gil Varela e a súa dona, Antonia Arias, depositaron no museo numerosas obras pictóricas e pezas de incalculable valor. Entre as aportacións destaca una importante colección de orfebrería, na que figuran, ademais de torques brazaletes, arracadas e pulseiras. Outros depósitos afectados polo faio xudicial son varias obras pictóricas de Corredoira e unha colección de pintores cataláns.
No ano 2000 é cando os demandantes reclaman á Deputación por vía xudicial obtendo o faio favorable. O ente provincial anunciou recurso entendendo que é unha obriga que este importante legado permaneza exposto na cidade, para desfrute dos cidadáns, xa que foi esta a vontade de Gil Varela cando elixiu ao Museo Provincial para albergar estas pezas e obras.