O IESCHA presenta o libro do vilalbés Vicente Piñeiro “A morte dun editor. Derradeiros días de Ánxel Casal”

O IESCHA presenta o libro do vilalbés Vicente Piñeiro “A morte dun editor. Derradeiros días de Ánxel Casal”

25 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Instituto de Estudios Chairegos (IESCHA) organizará, mañá venres, a partir das 20.30 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro “A morte dun editor. Derradeiros días de Ánxel Casal”, do autor vilalbés Vicente Piñeiro, e que está editado por Sotelo Blanco. A novela narra os últimos días da existencia do alcalde de Santiago e escritor Ánxel Casal. O escrito m&oac

O seu autor, Vicente Piñeiro, naceu en Vilalba o 22 de xuño de 1954. Topógrafo civil de profesión, Piñeiro dedicou parte da súa existencia á escritura. Desta afección, convertida en modo de vida, saíu unha prolífica obra na que se pode atopar o relato, como no caso de O can abandonado e outros relatos (Edicións Chaira,); a poesía, en Sonetos á Xeometría (Edicións Chaira), Ceo e Pedra (Edicións Chaira) e Camiño Real (poesía e narrativa fantástica ambientada no Camiño Primitivo de Santiago); o teatro,  Político Privado, unha obra de teatro ambientada con personaxes de Lugo (Ánxel Fole, Trapero Pardo, Quico, Don Valentín, etc.); ou a novela, con La Risa de Dios (novela de espías, ambientada no terrorismo internacional e na caída das torres xemelgas) e De amor y muerte (novela fantástica de contido medieval).

Sociedade